Teaching GuideTerm
University College of Industrial Design
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Subjects
  Marketing
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Mixed objective/subjective test B1 C1 Tratase de preguntas curtas e breves. Son cuestions practicas baseadas en feitos e casos reais de mercado onde hai que aplicar os conceptos ou fundamentos teóricos que se van desenvolvendo durante a a asignatura. A resposta é curta e breve. 30
Supervised projects A1 A2 A4 A5 A6 A7 A8 B2 B4 B7 B9 B10 B11 C3 C6 Se evalua a claridade, a síntese, a orixinalidade e a calidade da presentación (empresa ou marca, sector, produto ou tendencias) 30
Multiple-choice questions B5 B6 B11 Pregunta tipo test de resposta múltiple. 40
 
Assessment comments

A) NORMAS DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: Prohíbese o acceso á aula de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

2. Identificación do alumno: O alumno/a deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

B) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación sinalados neste apartado.

2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.

3. Convocatoria anticipada: As condicións de avaliación da oportunidade anticipada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación de Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado) serán específicas para esta oportunidade. Esta avaliarase mediante unha proba mixta que suporá o 100% da nota final.

C. OUTRAS OBSERVACIÓNS DA AVALIACIÓN:

Traballo supervisado. Representa o 30% (30%) da nota final. Os subgrupos formaranse entre un mínimo de 4 e un máximo de 7, se ben se pode admitir que se supere ese número se están dacordo tódolos/as integrantes do grupo. Cada grupo establecerá un coordinador ou coordinadora.

Establecerase un horario de atención e seguimento semanal ou quincenal, en función do número de grupos que finalmente se formen. Non existe unha data programada para o réxime de titorías, polo que se adaptará ao ritmo de evolución do traballo de cada subgrupo.

A entrega do traballo será antes do 20 de decembro. Deberá acordarse entre os membros do grupo e o profesor o día da entrega do traballo. A entrega realízase en panel para cada unha das partes do traballo en formato impreso DIN A3. Tamén se pode entregar en fornato dixital. A aula, día e hora de entrega dos traballos acordaranse cos distintos subgrupos.

A nota manterase ao longo do curso académico tanto para a primeira como a segunda oportunidade. O alumnado que superase o traballo tutelado no curso anterior e non superase a asignatura poderá manter esa calificación  no este curso académico. 

No caso de producirse algún conflito dentro do grupo, o coordinador comunicará ao coordinador da materia para valorar se esa persoa pode pasar a outro subgrupo ou se ten que realizar o traballo individualmente.

O traballo supervisado é obrigatorio. No caso de que por razóns laborais ou outra circunstancia non puidese realizar o traballo en grupo, valorarase a posibilidade de realizar o traballo individualmente, que se poderá presentar antes da primeira oportunidade ou antes do exame final.

Proba mixta. Representa o 30 por cento (30 %). Trátase de preguntas breves sobre conceptos temáticos, casos reais de mercado ou exercicios sobre política de produtos, marcas e política de prezos. Haberá unha redacción de proba que servirá de redacción e preparación da materia. É importante asistir a estas probas xa que contribúen a mellorar significativamente o rendemento académico da materia e a aprendizaxe da mesma.

Proba de opción múltiple. Representa o 40%. Son 20 preguntas tipo test onde so unha opcion é verdadeira. Cada pregunta mal contestada resta un tercio do valor da pregunta. E necesario obter 4,5 puntos, resultado de promediar o exame tipo test e as preguntas cortas, para aprobar a asignatura. A esa nota se engadirá a ponderación do traballo tutelado. E dicir, se computa a nota media do traballo supervisado siempre que se saque un mínimo de 4,5 puntos despois de calcular a nota ponderada da proba test e das preguntas cortas.

No caso de non acadar un promedio de 4,5 puntos entre as preguntas curtas e a proba mixta, a cualificación será de supenso. A nota que figurará será de 4 puntos. No caso do exame final se aplicará o mesmo criterio. 

A plataforma Moodle e o correo electrónico serán utilizados como principal vehículo de comunicación para a xestión de contidos, titorías e entrega de tarefas.

Alumnado con dedicación parcial e exención académica de asistencia: ao comezo do curso acordarase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, aínda que terán o mesmo deber de realizar actividades e asistir a calquera tipo de proba de avaliación que os estudantes a tempo completo. Agás as datas aprobadas pola Xunta de Facultade no que se refire á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes