Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
A Biblioteca da Facultade ocupa as plantas primeira e segunda do edificio. O acceso realízase a través do primeiro andar, sendo interior o acceso ó segundo andar. A biblioteca ten accesíbeis de xeito directo a maior parte dos seus fondos bibliográficos.
Teléfono: 981 167 000, extensións 2461, 2471 e 2478.
Web: http://www.udc.gal/biblioteca.economia
Horario
Curso académico: das 8.30 ás 21.30 horas.
Períodos de vacacións: coincide co horario de apertura do Centro.
Servizos ofertados:
Consulta en sala:
A biblioteca conta con 310 postos de lectura, distribuídos en dúas plantas e diferentes seccións (salas de consulta libros, hemeroteca, mediateca). A maior parte dos fondos están en libre acceso e encóntranse colocados seguindo unha clasificación por materias.
Servizo de Préstamo:
Gran parte do fondo bibliográfico da Biblioteca da UDC pode ser obxecto de préstamo para toda a comunidade universitaria. Para utilizar o servizo e necesario dispoñer da tarxeta de identificación universitaria ou algún documento legal (DNI).
Podemos optar por diversos tipos de préstamo:
O uso do servizo de préstamo implica o cumprimento da súa normativa, que pode consultarse na web do Servizo de Biblioteca.
Servizo de información e referencia:
O Servizo de Información Bibliográfica e Referencia proporciona, tanto nos servizos centrais coma nas distintas bibliotecas de centro da UDC, información e asistencia sobre:
Servizo de adquisicións bibliográficas:
O usuario da biblioteca pode solicitar a adquisición de todo o material bibliográfico que considere necesario para o correcto desenvolvemento da súa aprendizaxe e formación que non se atope xa na Biblioteca. Hai un formulario electrónico a disposición dos usuarios, soamente teñen que solicitar o seu envío ao persoal da biblioteca. As solicitudes de adquisición pódense reemitir ao seguinte enderezo de correo electrónico: becem.bib@udc.es
Servizo de formación de usuarios:
O persoal da Biblioteca imparte cursos de formación no uso da Biblioteca e dos seus recursos.
Participación dos usuarios.
A Biblioteca necesita a participación dos seus usuarios para mellorar os seus servizos. Pódese colaborar de diferentes modos:
Tamén os usuarios da Biblioteca dispoñen dunha carta de deberes e dereitos que poden consultar na sala ou ben na web da Biblioteca Universitaria: www.udc.es/biblioteca/galego/index.htm
|