Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013) |
Subjects |
Master's Thesis |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Master's Thesis | Code | 613836007 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Supervised projects | A1 A3 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 | Aínda que é obvio que a estrutura do TFM depende en gran medida do tema elixido, aconséllase que inclúa os seguintes apartados: 1. Capa que incluirá, obrigatoriamente, o emblema e o nome das tres Universidades, o nome da Facultade na que está matriculada o/a alumno/a, o nome do mestrado, o título do traballo, o nome do autor ou autora, o visto e prace manuscrito do profesorado titor co seu nome e o ano de presentación. 2. Índice do traballo con paxinación 3. Resumo do traballo 4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada 5. Corpo do traballo 6. Conclusións 7. Referencias bibliográficas O traballo fin de mestrado terá unha extensión mínima de 40 páxinas e máxima de 60, sen contar os anexos. O texto terá un espazo de interliñado de 1.5 e o tamaño da letra será de 12 puntos. |
80 |
Oral presentation | B4 C1 C3 | O/a estudante disporá de 15-20 minutos para presentar o seu traballo. Recoméndase que inclúa na súa presentación os aspectos seguintes: ·Introdución: problemática obxecto de estudo e seu interese ·Fundamentación teórica: delimitación dos conceptos que fundamentan o desenvolvemento do traballo. ·Fundamentación metodolóxica: metodoloxía que se seguiu para o alcance dos obxectivos definidos, e os datos obtidos mediante a súa aplicación ·Resultados: principais resultados obtidos É aconsellable que o/a estudante acompañe a súa presentación oral de material de soporte visual, auditivo, etc., por exemplo, mediante unha presentación PowerPoint ou OpenOffice Impress, pero a presentación oral NON pode constituír a mera lectura de devandito material. |
20 |
Assessment comments | |||
Lea con atención: 1) Calquera plaxio identificado será motivo de descualificación do TFM. Entenderase por plaxio: calquera cita literal (curta ou longa) presentada como propia (sen comiñas, etc.) e sen referencia da autoría, calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun autor ou autora que non se mencione nas referencias (sexa quen sexa: autor/a individual ou colectivo, dunha publicación impresa ou dun documento electrónico ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está a levar a cabo por parte dun compañeiro ou compañeira, etc.). 2) A titorización do traballo por parte do director ou directora é obrigatoria. Arbitraránse os mecanismos necesarios para o seguimiento das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non se permitirá a presentación e defensa dun traballo que no sexa supervisado ao longo da sua elaboración. |
|