Descrición xeral |
A finalidade do título Master Universitario en “Innovación, Orientación e Avaliación Educativa” é a adquisición por parte do estudiante dunha formación
avanzada de carácter especializado e multidisciplinar no campo da Innovación,
Orientación e Avaliación educativa, encamiñada a súa especialización académica e
científica e a promover a iniciación en tarefas investigadoras. Preténdese formar profesionais e investigadores cunha visión crítica e proactiva, que conten cos elementos
teóricos, metodolóxicos e tecnolóxicos necesarios para deseñar, avaliar e liderar alternativas educativas innovadoras.
A asignatura A educación dos medios de comunicación na sociedade multipantalla aporta aos estudios deste máster a necesaria formación académico/investigadora no campo da educación mediática para aqueles estudiantes que queran seguir a súa carreira académica e profesional neste ámbito. A educación mediatica non só é un área de estudio de especial relevancia na sociedade actual, a cal é definida como sociedade da información e sociedade multipantalla, senon que é un área fundamental na formación de toda aquela persoa interesada na investigación e a innovación educativa. Todo profesional e investigador no ámbito educativo debe coñecer o papel dos medios de comunicación na sociedade actual e na educación; debe ademais ser capaz de analizar de forma crítica os produtos mediáticos tendo en conta todos os aspectos relacionados coa súa producción, distribución e recepción; debe tamén ser capaz de levar a cabo procesos de produccion, participación crítica e creación propia de productos mediáticos; e debe finalmente ser capaz de contribuir ao avance da investigación e aplicación nos campos de acción educativa dunha adecuada educación en medios de comunicación. |