O diagnóstico no campo da Psicopedagoxía esixe dunha capacitación profesional relativa ao coñecemento e recoñecemento acerca das estratexias, técnicas e recursos máis adecuados para previr, detectar e avaliar as necesidades específicas que poidan presentar os/as escolares, e empregalas para a recollida de información que resulte nun informe de diagnóstico psicopedagóxico. Os/as profesionais da Psicopedagoxía deben dispor dunha base de coñecementos de utilidade para a toma de decisión relativas á selección e/ou diseño das ferramentas para acadar os seus obxectivos de indagación.
Por isto, esta materia está contemplada para coñecer estratexias e procedementos que capaciten ao alumnado para deseñar probas diagnósticas e protocolos de avaliación nas dificultades de aprendizaxe e atención á diversidade, así como a interpretación dos diferentes resultados obtidos nas valoracións realizadas.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.