Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Sobrino Freire, Iria
E-mail
iria.sobrino@udc.es
Lecturers
Maceiras Lafuente, Andrea
Sobrino Freire, Iria
E-mail
andrea.maceiras@udc.es
iria.sobrino@udc.es
Web
General description
A materia destínase a proporcionar formación básica para o desempeño de labores de mediación literaria con nenas e nenos de 0 a 6 anos. Trátase do primeiro contacto que o alumnado do grao estabelece con este ámbito, polo que a intención é realizar unha aproximación panorámica aos diferentes contidos necesarios para esta práctica, alén de ofrecer recursos para a formación permanente. Pártese da abordaxe á especificidade do campo da literatura infantil e os beneficios dun achegamento temperán ás formas literarias, así como da definición dos obxectivos da educación literaria. Para o coñecemento do corpus, introdúcese unha dobre perspectiva, diacrónica –o desenvolvemento histórico desde a literatura de tradición oral até as obras escritas para as primeiras idades– e sincrónica –a tipoloxía e as características dos libros infantís na actualidade–. Para a dimensión metodolóxica, introdúcense diversas prácticas de mediación literaria e preséntanse as posibilidades de traballo colectivo a partir da biblioteca escolar.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.