Descrición xeral |
Dentro do perfil formativo do Grao en Educación Primaria contémplase esta materia (Xogos Motores) que completa a formación do futuro docente cara a un traballo no ámbito do xogo que permita dar resposta ás demandas sociais existentes.
Consideramos esta materia de gran interese dentro da formación da futura Graduada e Graduado en Educación Primaria xa que a achega principal da mesma permitiralle descubrir, por unha banda, que o xogo é un contido con grandes potencialidades didácticas e, por outro, supón un medio didáctico de gran relevancia na súa formación, que lle permitirá empregalo no futuro para o traballo do resto de bloques de contidos.
Os coñecementos achegados por Xogos Motores pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións lúdicas dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Graduado e Graduada en Educación Primaria non só de vivencias senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.
Xogos Motores atópase dentro do plan de estudos de Grao en Educación Primaria no grupo de materias optativas, cunha duración de 4,5 créditos. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: marco conceptual do xogo; fundamentos teóricos do xogo motor; a evolución do xogo na etapa de Educación Primaria; o xogo como contido e como recurso metodolóxico; deseño de propostas de aprendizaxe a través do xogo motor; materiais didácticos para o xogo e propostas prácticas para a educación a través do xogo.
|