O proceso de intervención socioeducativa non está completo se non se inclúe nel unha perspectiva avaliativa que permita revisar criticamente o programa, o seu deseño, a súa implementación e desenvolvemento e os seus resultados. Do mesmo xeito, deben analizarse as institucións onde se realizan as intervencións obxecto do programa. A avaliación dos programas, que debe estar integrada en todo o proceso, serve para ter un coñecemento axustado da consecución dos obxectivos, tomar decisións de mellora ou cambio dentro do desenvolvemento do proxecto e informar dos resultados.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías