Descrición xeral |
Nesta materia pretendemos que o alumnado do Grao de Logopedia se aproxime ao coñecemento das características, posibilidades, dificultades e beneficios dunha proposta educativa que promova a inclusión educativa e social. Tal como a experiencia e a reflexión profesional acredita, unha escola e sociedade inclusivas responde a unha construción colectiva, plenamente activa e participativa de toda a comunidade. O traballo colaborativo entre profesionais constitúese nun elemento clave tanto para o coñecemento das necesidades de cada contexto, de cada persoa, como a planificación e posta en práctica de proxectos e propostas educativas que promova a inclusión educativa e por suposto, en consoacia, a inclusión social. Igualmente potenciarase o uso de recursos do medio natural e social co fin de facer un uso responsable e sustentable deles. De aí que consideremos, que a profesional da logopedia pode e debe xogar un papel coprotagonista co resto de actores e actrices na construción colectiva deste proxecto educativo e social.
Esta materia participa no programa "English friendly". Quere dicid, que a materia impartirase en galego, pero se hai algunha persoa que desexe facer as lecturas en inglés, ou necesite algunha aclaración en inglés, poderáselle facer. |