A asignatura de prácticas externas ten por finalidade proporcionar os alumnos as metodoloxías e as competencias necesarias para poder exercer o seu rol profesional unha vez rematada a titulación de grao en relacións laborais e recursos humanos así como ter a capacidade de elaborar un plan de negocio que servira para levar calquera iniciativa empresarial á práctica. A información relativa a esta asignatura pode consultarse na normativa vixente aprobada en xunta de centro o día 6 de setembro de 2013 que regula as prácticas en empresa.
Por outra parte a asignatura tamén ten como obxecto a formacióne teórica imprenscidible para una indagación interior que permita o estudante construirse profesional e persoalmente para acceder a unha vida plena, así como fortalecer as competencias psicosociais e emocionais que lle faciliten a relación co entorno profesional, desenvolvendo a interdependencia e cooperación que leven á construcción de proxectos colectivos para un ben común
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías