Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 Saber buscar e analizar a biodiversidade de microorganismos, plantas e animais así como seleccionar os de maior interese biotecnolóxico (aplicado).
  AM2 Ter unha visión integrada do metabolismo e do control da expresión xénica para poder abordar a súa manipulación.
  AM3 Coñecer as aplicacións biotecnolóxicas dos microorganismos, plantas e animais e saber manipulalos de cara á súa aplicación biotecnolóxica.
  AM4 Coñecer e saber usar as técnicas de cultivo e a enxeñaría celular.
  AM5 Coñecer os principios da xenómica e a proteómica.
  AM6 Coñecer e saber aplicar en biotecnoloxía técnicas convencionais, instrumentais así como tecnoloxías como a nanotecnoloxía e teledetección.
  AM7 Saber buscar, obter e interpretar a información das bases de datos biolóxicos: xenómicas, proteómicas, transcriptómicas e metabolómicas e utilizar as ferramentas básicas da bioinformática.
  AM8 Coñecer as bases do deseño e funcionamento dun bioreactor.
  AM9 Saber deseñar e executar un protocolo completo de purificación dunha molécula, orgánulo ou fracción celular.
  AM10 Saber realizar o deseño, planificación, avaliación e optimización de sistemas de produción biotecnolóxica.
  AM11 Deseñar e xestionar proxectos de base biotecnolóxica.
  AM12 Coñecer e saber aplicar os sistemas de control de calidade vixente.
  AM13 Saber xestionar e traballar con garantías en calquera laboratorio biotecnolóxico do ámbito público ou privado.
  AM14 Ter unha visión integrada dos procesos de I+D+i desde o descubrimento de novos coñecementos básicos ata o desenvolvemento de aplicacións concretas deste coñecemento e a introdución no mercado de novos produtos biotecnolóxicos.
  AM15 Saber deseñar unha investigación prospectiva de mercado para un produto biotecnolóxico.
  AM16 Coñecer e analizar os aspectos financeiros que se están expansionando no mercado biotecnolóxico.
  AM17 Saber buscar e obter información das principais bases de datos sobre patentes e elaborar a memoria de solicitude dunha patente dun proceso biotecnolóxico.
  AM18 Posuír un amplo coñecemento dos aspectos éticos e legais que afectan as diferentes disciplinas relacionadas coa Biotecnoloxía.
  AM19 Coñecer todos os aspectos legais no ámbito da Biotecnoloxía.
  AM20 Saber implantar os sistemas de calidade e seguridade en laboratorios e empresas de acordo coas normativas vixentes.
  AM21 Coñecer os recursos microbianos, vexetais e animais de interese biotecnolóxico así como as súas aplicacións na industria alimentaria e agropecuaria.
  AM22 Coñecer, saber deseñar e controlar os procesos de produción nas industrias alimentarias e agropecuarias.
  AM23 Coñecer as técnicas de análise de alimentos e as súas aplicacións.
  AM24 Coñecer as estratexias de produción e mellora de alimentos por métodos biotecnolóxicos.
  AM25 Coñecer e saber implantar os procesos de control de calidade, control de puntos críticos e trazabilidade nas industrias agroalimentarias.
  AM26 Coñecer as aplicacións da biotecnoloxía ao desenvolvemento sostible.
  AM27 Coñecer a problemática da contaminación ambiental e saber facer avaliacións do impacto ambiental.
  AM28 Coñecer e saber aplicar as técnicas de detección e tratamento da contaminación ambiental.
  AM29 Coñecer e saber aplicar as técnicas de biorremedación e biorecuperación de ambientes contaminados.
  AM30 Coñecer e saber utilizar as medidas de prevención e xestión da contaminación ambiental enfocada ao control da mesma e á minimización dos seus efectos.
  AM31 Saber levar a cabo auditorías sobre contaminación ambiental.
  AM32 Coñecer os tipos de procesos moleculares e celulares de carácter xeral implicado en patoloxías.
  AM33 Saber realizar o diagnóstico molecular de enfermidades e terapia xénica.
  AM34 Coñecer e saber aplicar as técnicas de reprodución asistida en humanos e animais.
  AM35 Coñecer os procesos de deseño, desenvolvemento e produción de vacinas e fármacos.
  AM36 Coñecer os factores xenéticos responsables da resposta variable a fármacos, nutrientes e xenobióticos e saber aplicalos ao deseño de novos fármacos específicos.
  AM37 Coñecer e saber aplicar as técnicas de bioloxía forense.
  AM38 Xerar e desenvolver ideas, converténdoas en algo novo para conseguir solucións concretas que transformen a vida e o seu entorno, e que se materialicen na posta en marcha dunha empresa.
  AM39 Innovar constantemente, avaliando beneficios e riscos e aportando novas ideas e formas de facer as cousas.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Capacidade de análise e síntese (localización de problemas e identificación das causas e a súa tipoloxía).
  BM2 Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestruturas).
  BM3 Capacidade de xestión da información (con apoio de tecnoloxías da información e as comunicacións).
  BM4 Capacidade de planificación e elaboración de estudos técnicos en biotecnoloxía microbiana, vexetal e animal.
  BM5 Capacidade de identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación.
  BM6 Capacidade de comunicación oral e escrita dos plans e decisións tomadas.
  BM7 Capacidade para formular xuízos sobre a problemática ética e social, actual e futura, que propón a Biotecnoloxía.
  BM8 Capacidade de comunicación eficazmente coa comunidade científica, profesional e académica, así como con outros sectores e medios de comunicación.
  BM9 Capacidade de Traballo en equipo multidepartamental dentro da empresa.
  BM10 Capacidade de Traballo nun contexto de sostibilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio ambiente e polos diferentes organismos que o integran así como concienciación polo desenvolvemento sostible.
  BM11 Racionamento crítico e respecto profundo pola ética e a integridade intelectual.
  BM12 Adaptación a novas situacións legais, ou novidades tecnolóxicas así como a excepcionalidades asociadas a situacións de urxencia.
  BM13 Aprendizaxe autónoma.
  BM14 Liderazgo e capacidade de coordinación.
  BM15 Sensibilización cara á calidade, o respecto medioambiental e o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos.
  BM16 Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, moitas veces nun contexto de investigación.
  BM17 Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BM18 Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BM19 Que o alumnado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e inequívoco.
  BM20 Que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que será en gran parte autodirixido ou autónomo.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
  CM7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  CM9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes