Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
 Asignaturas
  Xenómica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B5 B9 C2 C3 C8 Exposición oral de 10 minutos sobre un artigo científico consensuado co profesorado. Tamén será obxecto da avaliación a calidade das respostas a preguntas formuladas tras a súa exposición. Esta actividade non é obligatoria para superar a materia. 15
Proba obxectiva A3 A11 B1 C8 Exame de tipo test (con posibilidade de preguntas de resposta curta) que vai avaliar a comprensión e interrelación dos contidos traballados durante as as devanditas actividades.
Cómpre acadar 28 (dos 70 puntos) nesta proba para superar a materia.
70
Prácticas a través de TIC A3 A11 B1 A asistencia ás clases prácticas é obligatoria para o alumnado en modalidade presencial.
A avaliación de todo o alumnado vaise realizar mediante un exame no que terán que realizar varios exercicios cun ordenador persoal empregando os programas informáticos utilizados nas clases.
Cómpre acadar 8 (dos 15) puntos nesta proba para superar a materia.


15
 
Observacións avaliación

Aqueles alumnos cunha suma de puntuacións igual ou superior a 50 (de 100) puntos, pero que non acadasen os mínimos esixidos nos exames de prácticas e proba obxectiva terán unha cualificación final de 4,5 (sobre 10). Gardaránse as cualificacións aprobadas entre primeira e segunda oportunidade.

Poderá optar a Matrícula de Honra o alumnado avaliado na primeira oportunidade (xuño).

A cualificación de NON PRESENTADO só figurará para aquel alumnado que non realizase NINGUNHA das actividades avaliables.

No caso de situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poda superar a materia, tales como flexibilidade na data de presentación de traballos ou realización dunha proba global de avaliación da aprendizaxe.










Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes