Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
 Asignaturas
  Cromosomas: Estructura. Función e Evolución
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Profesor.- Presenta a guía docente da materia, as normas de prevención de riscos e de seguridade nos laboratorios, as fontes documentais e os recursos bioinformáticos dispoñibles para o curso. Aclara dúbidas e organiza aos alumnos para as actividades.
Alumno.- Toma notas, formula dúbidas e cuestións.
Sesión maxistral O profesor transmitirá coñecementos teóricos nas sesións maxistrais presenciais, vencellados ó desenvolvemento dos bloques temáticos da materia. O contido destas sesións axustarase ós coñecementos previos adquiridos polo alumnado nos seus estudos de Grao. As sesións maxistrais apoiaranse en materiais dispoñibles a través da plataforma Moodle da UDC.
Prácticas de laboratorio Incluirán a aprendizaxe de metodoloxías principalmente baseadas en técnicas cromosómicas. Realizarase una visita a un laboratorio especializado. Crearase unha sección específica para as prácticas de laboratorio na plataforma Moodle UDC, na que se incluirán guías e documentación de todo tipo para facilitar o seu seguimento polo alumnado.
Prácticas a través de TIC Manexo de ferramentas informáticas para o estudo da evolución cromosómica e da organización dos cromosomas no núcleo. Do mesmo xeito que para as prácticas de laboratorio, crearase unha sección específica para as prácticas de bioinformática na plataforma Moodle UDC do curso, na que se incluirán guías e material de apoio que permitan mesmo a realización asincrónica dos exercicios prácticos.
Seminario En paralelo ao desenvolvemento das sesións maxistrais, o profesor organizará a elaboración progresiva dun único seminario-dossier por parte do alumnado mediante recursos de traballo telemático da plataforma Moodle e o equipo Teams do curso, co obxectivo de completar os coñecementos básicos adquiridos nas sesións maxistrais con coñecementos máis específicos. Esta dinámica docente resultará na elaboración dun dossier final de referencia sobre a materia para os alumnos.
Presentación oral Referida ó seminario-dossier elaborado de forma conxunta polo alumnado. Cada alumno presentará unha parte do seminario intentando encadrar a mesma no contexto global do traballo elaborado en colaboracións cos seus compañeiros/as.
Proba obxectiva Proba final que contemplará cuestións básicas sobre a materia, referida tanto a sesións maxistrais, seminario e prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes