Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
 Asignaturas
  Cromosomas: Estructura. Función e Evolución
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A1 A3 A11 A12 B2 C8 Incluirán o desenvolvemento de situacións prácticas propias da investigación básica e aplicada. Os alumnos responderán a cuestionarios sobre as prácticas que serán avaliados.
É necesario conseguir cando menos 5 puntos nestes cuestionarios para superar a materia.
10
Presentación oral B1 B4 B5 B6 B7 B9 B13 B14 B15 C1 C2 C3 C9 Presentación do seminario-dossier elaborado durante a docencia da materia mediante diapositivas explicativas.
15
Seminario A3 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B13 B14 B15 C1 C2 C3 C9 Elaboración de traballo escrito que o alumnado presentará ó profesor ó final da materia. Avaliarase a súa calidade, contexto no estado da arte e coherencia no marco da docencia impartida.
15
Proba obxectiva B2 B7 C4 C8 Esta proba, que constitúe o exame oficial da materia, será individual e non pode realizarse en grupo. Permitirá ao alumnado demostrar o dominio dos coñecementos teóricos adquiridos sobre cuestións básicas da materia.
É necesario conseguir cando menos 25 puntos nesta proba para superar a materia.
50
Prácticas a través de TIC A3 A11 B3 B6 B11 B12 B15 C3 Os alumnos responderán a cuestionarios sobre as prácticas de bioinformática, que serán avaliados.
É necesario conseguir cando menos 5 puntos nestes cuestionarios para superar a materia.
10
 
Observacións avaliación

Co fin de garantir a igualdade de oportunidades, os alumnos presenciais e semipresenciais deberán superar as mesmas probas e responder aos mesmos cuestionarios, que se desenvolverán a través da plataforma Moodle da UDC.

Consideraranse PRESENTADOS nas actas da materia todos aqueles alumnos que se presenten aos exames prácticos ou ao exame final oficial da materia.

A nota final en actas dos estudantes que non alcancen nas prácticas ou na proba obxectiva do temario teórico a nota mínima para superar a materia, pero cuxa puntuación acumulativa sexa superior a 50, será un 4.9 (SUSPENSO).

Na segunda oportunidade tan só deberá presentarse a exame o alumnado que non se presentou na primeira, ou que non superase a nota mínima para aprobar a materia nos cuestionarios de prácticas ou na proba obxectiva de teoría. Manteranse para a cualificación final nesta segunda oportunidade as notas acumuladas no traballo de seminario e na presentación oral. A metodoloxía de avaliación dos coñecementos teóricos e prácticos será a mesma da primeira oportunidade.

No caso de que algún estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidese presentar o seu traballo en seminarios ou a súa presentación oral, poderá intentar recuperar os puntos perdidos respondendo a un bloque adicional de preguntas e exercicios na proba obxectiva que constitúe o exame oficial da materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de SUSPENSO (0) na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes