Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
 Asignaturas
  Toxicología Xenética
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta. Coa publicación das cualificacións provisionais fixarase para uns días despois a revisión de exames por parte dos alumnos.
Sesión maxistral Introdución polo profesor dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes.
Prácticas a través de TIC Práctica realizada na aula de informática sobre a busca e manexo de información toxicolóxica en internet.
Traballos tutelados Traballos tutelados en grupos sobre un tema proposto polos profesores. Realizaranse para iso titorías nas que os profesores orientarán aos alumnos sobre os puntos a tratar en cada traballo e proporcionaranlles material bibliográfico orientativo. Os ficheiros correspondentes a cada traballo e á súa presentación entregaranse a través da plataforma virtual Moodle antes da data fixada. Os traballos poranse a disposición de todos os alumnos no Moodle.
Seminario Seminarios bibliográficos nos que os alumnos exporán ante a clase os traballos realizados, nun tempo máximo de 15 minutos. Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto.
Prácticas de laboratorio Prácticas que se realizarán nos laboratorios do Hospital Oncolóxico, nas que se aprenderán diversas metodoloxías para a avaliación do dano xenético.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes