Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
 Asignaturas
  Xenética Humana
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral No caso do alumnado en cada clase expoñeranse os contidos do temario.

PLAN DE CONTINXENCIA: o alumnado presencial terá o mesmo trato dos semipresenciais, no caso de confinamento.
Prácticas de laboratorio As clases prácticas consistira dunha explicación por parte do profesor sobre as bases conceptuais e os obxectivos a acadar e o desenvolvemento de tarefas por parte do alumnado. Se pretende o alumnado teña a máxima autonomía, facilitándolle os medios e a orientación.
PLAN DE CONTINXENCIA: no caso de confinamento as prácticas serán reconvertidas ou sustituídas en análise informático ou TICs.
Proba mixta Proba escrita na que se tratará calquera aspecto abordado na docencia teórica e práctica
A proba realizaráse nun aula da facultade.
PLAN DE CONTINXENCIA: o alumnado presencial terá o mesmo trato que os semipresenciais, no caso de confinamento.
Proba práctica Realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos adquiridos durante a realización das prácticas de laboratorio
Presentación oral O alumnado leerá un ou dous artigos sobre contidos da materia e prepararán unha presentación que defenderán na clase nun tempo de 10-12 minutos. Valorárase a bibliografía consultada, a capacidad de síntese, a expresión oral e a argumentación no debate posterior.

PLAN DE CONTINXENCIA: o alumnado expoñerá o traballo vía TEAMS

Todos os traballos serán subidos a plataforma Moodle, previa revisión polos profesores da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes