Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
 Asignaturas
  Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-patóxeno
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-patóxeno Código 610441018
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Diaz Varela, Jose
Correo electrónico
jose.diaz.varela@udc.es
Profesorado
Diaz Varela, Jose
Correo electrónico
jose.diaz.varela@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia trata os aspectos moleculares da interacción da planta cos patóxenos e, en menor medida, das interaccións relacionadas con outros organismos (herbívoros, rizobios e micorrizas)
Plan de continxencia 1.Modificacións nos contidos Non se modificarán os contidos, pois son necesarios para a formación dos estudantes que escollan esta materia. 2. Metodoloxías Este mestrado contempla na memoria de verificación dúas modalidades: presencial e semipresencial. Para acceder á modalidade semipresencial os estudantes teñen que demostrar que cumplen uns requisitos (residencia lonxe da Coruña, contrato laboral que imposibilita a asistencia presencial continua, etc.) que xustifican a sua ausencia de parte das actividades presenciais. Para o ensino semipresencial os profesores proporcionan materiais adicionais. Ante a actual incerteza a causa da Covid-19, pódense dar tres situacións: A- Acceso á Facultade permitido nun horario e aforo como os de antes da pandemia. Nese caso manteriase a modalidade presencial para a maioría dos alumnos e a semipresencial para os que cumplan os requisitos correspondentes, e decir, como nos anteriores cursos. B- Acceso á Facultade restrinxido en horario ou aforo. Nese caso todos os alumnos pasarían á ,modalidade semipresencial. C- Acceso á Facultade totalmente prohibido no segundo cuatrimestre. Nese caso a docencia sería totalmente non presencial. *Metodoloxías docentes que se manteñen No caso A, todas. No caso B só as contempladas na modalidade semipresencial. No caso C, todas as actividades desenvolveríanse on-line, poñéndose a disposición dos estudantes materiais ad hoc xerados polos profesores. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico, titorías por Teams e foros en Moodle, con atención diaria no caso do correo electrónico e foros, e previa petición do alumnado no caso das titorías por Teams. 4. Modificacións na avaliación No caso A, avaliación presencial para a modalidade presencial e on-line para a modalidade semipresencial. Nos casos B e C, avaliación on-line (Moodle e outras ferramentas institucionais). *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía No caso A e no caso B, ningunha. No caso C: se fose posible libros e artigos alternativos e/ou adicionais en formato electrónico aos que se puidera ter acceso dende o inicio dese cuatrimestre (condicionado a que se publiquen en aberto nos vindeiros meses ou haxa suscripción institucional), e en calquera caso materiais adicionais ad hoc xerados polos profesores.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes