Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
 Asignaturas
  Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-patóxeno
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-patóxeno Código 610441019
Titulación
Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Departamento profesorado máster
Psicoloxía
Coordinación
Diaz Varela, Jose
Correo electrónico
jose.diaz.varela@udc.es
Profesorado
Bernal Pita da Veiga, María de los Ángeles
Diaz Varela, Jose
Correo electrónico
angeles.bernal@udc.es
jose.diaz.varela@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia trata os aspectos moleculares da interacción da planta cos patóxenos e, en menor medida, das interaccións relacionadas con outros organismos (herbívoros, rizobios e micorrizas)
Plan de continxencia Nas “Instrucións do 1 de xullo de 2021 da Secretaría Xeral de Universidades, de previsión de medidas de adaptación das universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2021/2022” dise na instrución segunda : “SEGUNDA.- Guías docentes 1.- As guías docentes conterán, de xeito xeral, un escenario de normalidade adaptada, é dicir, unha situación acorde co grao de presencialidade estimado como normal no momento previo á pandemia. 2.- Haberá un único escenario alternativo, previsto para situacións temporais limitadas por restricións locais derivadas de gromos ou peches na localidade en que se localice o centro docente. Descártase contemplar un escenario de confinamento no programa das materias 3.- Para asegurar o cumprimento dos criterios de calidade, a guía docente de cada unha das materias incluídas no plano de estudos dunha titulación oficial de grao ou máster universitario deberá incluír un apartado denominado “Plano de continxencia no cal estableceranse as medidas de adaptación ao escenario alternativo previsto, tanto das metodoloxías docentes como dos sistemas de avaliación, así como a posibilidade de realizar actividades alternativas naqueles casos nos que sexa inviable a realización das prácticas previstas por causas derivadas da situación epidemiolóxica.” Polo tanto, a continuación se indica o plan de continxencia previsto nesta materia: 1.Modificacións nos contidos Non se modificarán os contidos, pois son necesarios para a formación dos estudantes que escollan esta materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesións maxistrais, análise de fontes documentais e proba obxectiva, pero si nas datas programadas para a súa realización no calendario da titulación se da a situación alternativa, desenvolveríanse en liña, poñéndose a disposición dos estudantes materiais ad hoc xerados polos profesores. *Metodoloxías docentes que se modifican Prácticas. As sesións de laboratorio e campo trocaranse por actividades de prácticas virtuais deseñadas ad hoc polos profesores. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico, titorías por Teams e foros no Campus Virtual, con atención diaria en datas lectivas no caso do correo electrónico e foros, e previa petición do alumnado no caso das titorías por Teams. 4. Modificacións na avaliación Seguiranse as indicacións dos órganos de goberno da Universidade da Coruña. Se esas indicacións o contemplan, poderase realizar unha avaliación en liña (Campus Virtual e outras ferramentas institucionais). *Observacións de avaliación: Seguiranse as indicacións dos órganos de goberno da Universidade da Coruña 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Libros e artigos alternativos e/ou adicionais en formato electrónico aos que se poida ter acceso dende o inicio dese cuadrimestre (condicionado a que se publiquen en aberto nos vindeiros meses ou haxa una subscrición institucional), e en calquera caso materiais adicionais ad hoc xerados polos profesores.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes