Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Auditoría de empresas biotecnolóxicas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Auditoría de empresas biotecnolóxicas Código 610475202
Titulación
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Departamento profesorado máster
Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Fernandez Feal, Maria Mercedes del Coro
Correo electrónico
coro.ffeal@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Fernandez Feal, Maria Mercedes del Coro
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
coro.ffeal@udc.es
Web http://masterbiotecnologiaavanzada.com/
Descrición xeral A materia encádrase dentro do módulo 2: Xestión, Control e Auditoría de Bioempresas e xunto ás outras dúas materias que constitúen o módulo permite ao alumno coñecer e dispoñer das ferramentas necesarias para traballar dentro ou na implantación dun sistema de xestión de calidade. Dota ao alumno dos recursos necesarios para desenvolver as capacidades que lle permitan planificar e desenvolver as estratexias requiridas para a correcta xestión do sistema de xestión de calidade en empresas biotecnológicas; ensínalle a utilizar as ferramentas básicas necesarias para a implementación dun sistema de calidade e seguridade en laboratorios e empresas de acordo ás normativas vixentes e introdúcelle nos aspectos legais que regulan profesión de Biotecnólogo.
Plan de continxencia 1.Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2.Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral. - Estudo de casos (computa na avaliación). - Simulación (computa na avaliación). Metodoloxías docentes que se modifican - Proba mixta: Cuestionario realizado a través do Moodle. 3.Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. - Moodle: Diariamente; para o desenvolvemento dos contidos teóricos da materia. - Teams: Diariamente; sesión en grupo grande para o avance dos contidos teóricos e estudo de casos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4.Modificacións na avaliación Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - a proba mixta realizarase a través do Moodle. - empregarase Teams en sesións de grupos pequenos (ata 6 persoas) para a realización da “simulación de auditoría”, nas datas e horarios previstos no calendario do curso. Observacións de avaliación: Para o cálculo final da nota dos alumnos que para superar a materia deban recorrer a examinarse na segunda oportunidade, manterase a nota obtida na parte práctica (simulación) e no estudo de casos. A "Dispensa Académica" non exime ao estudante a tempo parcial da participación en actividades enmarcadas na avaliación global da materia. 5.Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes