Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Ferramentas biotecnolóxicas para a análise forense
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A37 B1 B2 B5 B9 B10 B11 B12 B14 B15 C4 C6 C7 Valorarase o coñecemento sobre o significado das tarefas realizadas, e a interpretación dos resultados obtidos. 20
Proba mixta A37 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B11 B13 C1 C3 C6 Valorarase o dominio de conceptos teóricos e prácticos, claridade nas explicacións, capacidade de relacionar e integrar a información recibida tratada nas clases de teoría e prácticas, e a capacidade de resolver cuestións e problemas. 40
Portafolios do alumno A37 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B15 C1 C3 C6 valorarase o grado de comprensión, de análise, de calidade e claridade de exposición e do tratamento das cuestións e problemas propostos. 20
Debate virtual A37 B1 B3 B6 B8 B13 C1 C4 C6 C7 Valorarase a capacidade de condensación da información, a comunicación e expresión oral e a calidade do documento ppt. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia o estudante debe acadar, como mínimo, a mitade da cualificación da proba mixta.

Considerarase NON PRESENTADO cando o estudante non realizase ningunha das actividades/metodoloxías propostas. As probas mixtas de cada unha das dúas oportunidades realizaranse de acordo ao calendario de exámes establecido pola coordinación do mestrado. Terán prioridade para optar á Matrícula de Honra aqueles alumnos que se presenten na primeira oportunidade.

Para os estudantes co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, o 50% da nota virá da proba mixta e o 50% restante da entrega do portafolios.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a aplicación da normativa vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes