Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Neurociencia (Plan 2011)
 Asignaturas
  Evolución do Sistema Nervioso
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A3 B4 C1 C3 O alumno deberá realizar e expoñer un traballo relacionado cos contidos da materia. 45
Sesión maxistral A3 A participación activa nas clases se terá en conta para o cálculo da cualificación final. 5
Proba mixta A3 C1 Realización dunha proba escrita (baseada esta en preguntas de resposta curta e/ou tipo test) e/ou oral sobre os contidos básicos da materia. 50
 
Observacións avaliación

Consideracións xerais:

O alumno disporá de dúas
oportunidades oficiais para superar a materia (ver calendario en http://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/).

A cualificación de Non
Presentado aplicarase unicamente no caso de que o alumno non participase,
durante o curso, en ningunha actividade da materia.

Aspectos e criterios de avaliación:

1. Alumnado con dedicación completa

Na oportunidade de final de cuadrimestre teranse en conta, para o cómputo da
cualificación global, os distintos apartados recollidos no sistema de
avaliación: a) realización dunha proba mixta sobre os contidos da materia,
representando o 50% da cualificación final, b) a realización e
presentación do traballo suporá o 45% da cualificación final, e c) a
asistencia e participación activa nas clases suporá o 5% da cualificación
final
.

Na segunda oportunidade poderase/n
recuperar a/s parte/s non superada/s, exame (proba mixta) e/ou traballo, representando cada
unha destas o 50% da cualificación final.

2. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia

Tanto na oportunidade de final de cuadrimestre como na segunda oportunidade
teranse en conta, para o cómputo da cualificación global, a cualificación
obtida no exame (proba mixta) e a correspondente ao traballo, representando cada unha destas
o 50% da cualificación final.  

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes