Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Estratexias Analíticas Aplicadas ao Medio Ambiente
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estratexias Analíticas Aplicadas ao Medio Ambiente Código 610500002
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Muniategui Lorenzo, Soledad
Correo electrónico
soledad.muniategui@udc.es
Profesorado
Beceiro Gonzalez, Maria Elisa
Carlosena Zubieta, Alatzne
Gonzalez Castro, Maria Jose
Muniategui Lorenzo, Soledad
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Correo electrónico
elisa.beceiro.gonzalez@udc.es
alatzne.carlosena@udc.es
m.j.gonzalez.castro@udc.es
soledad.muniategui@udc.es
m.c.prieto.blanco@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Trátase dunha materia eminentemente aplicada, cuxo obxectivo principal é contribuír a desenvolver no alumno o criterio analítico para a resolución de problemas de distinta natureza que se lle expoñan, seleccionando a metodoloxía analítica máis adecuada en cada caso. Consideraranse os avances e tendencias actuais no tratamento da mostra e determinación instrumental; así como, a súa aplicación para a determinación de contaminantes prioritarios e emerxentes en mostras de interese ambiental (aire, augas, solo, sedimentos, biolóxicas, alimentos, etc.).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non realizaranse cambios 2. Metodoloxías * Metodoloxías docentes que se manteñen Seminarios, Traballos tutelados, Proba mixta, Atención personalizada. * Metodoloxías docentes que se modifican Prácticas de laboratorio: ao non poder realizarse de forma presencial na Facultade substituiranse pola resolución dun caso práctico plantexado polo profesor aos grupos de alumnos que deberán entregar un informe. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar algún encontro virtual para resolver dúbidas e facer seguimento do caso práctico e traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispón de “foros temáticos” para formular as consultas necesarias. – Teams: 1 sesión semanal do grupo grande para o avance dos contidos teóricos e dos seminarios, na franxa horaria asignada á materia. De 1 a 2 sesións semanais (segundo necesidades do alumnado) en grupo pequeno (< 6 persoas), para o seguimento e apoio do estudo e actividades programadas relacionadas cos seminarios, traballos tutelados e casos prácticas. 4. Modificacións na avaliación - A resolución dun caso práctico substitúe ás prácticas de laboratorio co mesmo porcentaxe de cualificación. Valorarase a adecuación metodolóxica, a formulación, detalle e claridade nos informes, así como a discusión crítica final do mesmo en función do problema para resolver. Observacións de avaliación: - Mantéñense o resto de metodoloxías da guía docente, salvo que a proba mixta e defensa/exposición de traballos tutelados realizaríanse de forma virtual ou telemática (vía Moodle e/ou Teams), tanto na primeira como na segunda oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo dá maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes