Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Fronteiras na Química Inorgánica Actual
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fronteiras na Química Inorgánica Actual Código 610500004
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
m.senaris.rodriguez@udc.es
Profesorado
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
m.senaris.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Trátase dunha materia Optativa dentro da Especialidade en Química do Mestrado en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental. A súa finalidade fundamental é a de proporcionar ao alumnado unha visión xeral dos aspectos máis modernos, e con maior peso específico, do ámbito académico e de investigación da Química Inorgánica moderna. Farase particular fincapé sobre aspectos relacionados coas aplicación tecnolóxicas, industriais e médicas dos compostos inorgánicos. A materia pretende ser de utilizade ao alumnado que pretenda iniciarse na actividade investigadora non só no ámbito da Química Inorgánica, senón tamén noutras áreas relacionadas, como a Química Orgánica, a Ciencia dos Materiais e a Química Física. Esta diversidade lle confire á materia un importante carácter multidisciplinar e permite abordar os contidos da mesma dende un punto de vista tanto teórico como práctico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos En principio, os contidos mantéñense na súa totalidade. No caso de ser necesario por causas de forza maior, poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, que en calquera caso cubrirá todos os aspectos máis relevantes da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías manteranse, mais pasarán a realizarse en “Modalidade on-line”, e dicir, empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a Institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as aulas en tempo real, utilizaranse medios asíncronos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titorías máis personalizadas...). *Metodoloxías docentes que se modifican As probas obxectivas serán probas on-line que se realizaran mediante Moodle ou ferramentas equivalentes, facendo un seguimento das mesmas por Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo. 4. Modificacións na avaliación Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia síncrona on-line sen dificultade, avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial. O alumnado que non poda seguir as actividades on-line síncronas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asíncrona. *Observacións de avaliación: Non hai. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes