Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Fronteiras na Química Inorgánica Actual
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Son clases presenciais en grupo, normalmente en formato de lección maxistral, nas que se expoñerán os contidos formativos teóricos da materia na aula. Expoñeranse os aspectos fundamentais da materia tratada e as claves para que o alumnado posteriormente poida completalos a nivel individual.
Estudo de casos Impartiranse en grupos moi reducidos de alumnos, e neles formularanse e desenvolveranse experimentos, cálculos ou procedementos de tratamento e análise de datos, e interpretaranse os resultados obtidos. O seu obxectivo é capacitar ao alumnado para realizar traballos experimentais e/ou analizar e procesar datos. Ademais, serán un complemento para as clases expositivas e os obradoiros, e un instrumento eficaz para estimular nos estudantes as súas facultades científicas e desenvolver a súa destreza no laboratorio ou no entorno de traballo, o seu razoamento crítico e a comprensión dos procesos baixo estudo. O alumnado, en xeral, deberá ser quen de deseñar e rexistrar adecuadamente os seus propios procedementos.
Traballos tutelados Complementan á docencia expositiva e aos obradoiros e seminarios. Poderán realizarse mediante emprego das TICs, con resultados publicados en aberto, o que lles proporcionará un valor engadido, ao deixaren de ser un produto de uso interno de alumnado e profesorado e pasar a ser información dispoñible publicamente.
Seminario Impartidos en grupos moi reducidos. Esta metodoloxía esta pensada para realizar actividades de aplicación dos contidos teóricos e de resolución de cuestións, sesións de debate e discusión dirixida, problemas, casos, etc. que o profesor propón con antelación para que o alumno as estude e resolva. Con elas preténdese repasar e aclarar cuestións fundamentais e fomentar a participación activa e crítica do alumnado.
Prácticas de laboratorio Como complemento das sesións maxistrais realizaranse sesións prácticas de traballo no laboratorio.
Proba obxectiva Utilizarase para avaliar o grao de adquisición de competencias polo alumnado, así como para sinalar aqueles aspectos da materia que presenten maior dificultade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes