Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Economía Ambiental
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Economía Ambiental Código 610500025
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Introdúcense conceptos xerais de Economía, particularizando na interacción co medio ambiente do sistema económico e no rol das políticas, e da propia sociedade, cara a configuración dunha economía circular. Na materia afondase na análise dos aspectos económicos e financeiros dos proxectos de investimento con características ambientais e das políticas ambientais, así coma o desenvolvemento de técnicas que permitan avaliar de forma conxunta aspectos económicos e ambientais de proxectos e políticas. Os métodos de análise que se estudan na materia son os criterios clásicos de avaliación financiera, como o VAN e o TIR, os métodos de decisión multicriterio e a análise custo beneficio (ACB). A principal aplicación práctica da materia consiste en explicar o desenvolvemento dun proceso de avaliación económica, financeira e ambiental dun proxecto privado con características ambientais ou dunha política ambiental.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas. Coas correspondentes adaptacións para o desenvolvemento virtual, ou semipresencial, mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico. *Metodoloxías docentes que se modifican Non hai 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle, Teams e correo electrónico. Atendese baixo demanda do estudantado dacordo coa dispoñibilidade do profesor de luns a venres. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións *Observacións de avaliación: Realizarase a adaptación correspondente para a súa operatividade mediante ferramentas telemáticas como Moodle, Teams ou correo electrónico. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes