Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Economía Ambiental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B8 C2 C4 C6 C7 C9 Valoraráse a asistencia a clase dos alumnos 20
Estudo de casos A1 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B8 C2 C4 C6 C7 C9 Valoraráse a entrega de casos prácticos. Poden ser casos reais ou ficticios, que requirán a lectura e análise de fontes documentais e/ou o emprego de ferramentas prácticas desenvolvidas na aula para enfrontar situacións nas que os aspectos ambientais son relevantes 50
Proba de resposta breve A1 A18 A19 B2 B3 B4 B6 B8 C2 C4 C6 C7 Proba sobre os contidos das sesións maxistrais. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter 5 puntos en total, sin que sexa preciso obter nungún mínimo en cada unha das partes con puntuación na avaliación final.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles alumnos que non participasen na avaliación continua de actividades realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 20 %.

A avaliación da convocatoria de segunda oportunidade realizarase cos mesmos criterios, e o mesmo aplicárase no caso de convocatorias adiantadas, adaptándose ao calendario establecido pola facultade. En todo caso, poderáse acadar o 100% da cualificación.

Para os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia, agás para as datas aprobadas no que compete a probas obxectivas, para as restantes actividades avaliables acordarase, de ser necesario, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Está prohibido o acceso á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. O alumno deberá demostrar a súa personalidade, cando se lle requira, de acordo coa normativa vixente. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, como por exemplo plaxio, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida nas outras actividades de avaliación da convocatoria
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes