Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
 Asignaturas
  Profundización en Química Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 B1 B2 B5 O traballo presentado por escrito (exercicios prácticos) será cualificado segundo a metodoloxía aplicada, a optimización da resolución e a exactitud dos resultados. 20
Proba mixta A2 A1 B4 B1 Cada alumno deberá realizar unha proba na que deberá amosar a súa capacidade para resolver problemas e cuestións conceptuais de resposta múltiple. A avaliación terá en conta os coñecementos amosados e a calidade dos resultados obtidos. 75
Seminario A4 B4 B7 B11 A avaliación do alumno nestas sesións baséase na participación do alumno nos debates e cuestións plantexadas no aula, e na observación das súas habilidades na resolución de problemas. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia hai dous requisitos básicos:

1) Asistencia regular a tódalas actividades avaliables, agás para os alumnos con dedicación parcial ou dispensa de
asistencia, tal como se indica máis abaixo.

2) Acadar unha
cualificación mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das actividades
avaliadas.  De non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha desas
actividades, a cualificación final será de Suspenso (4.0). Para aprobar a
materia a cualificación total non poderá ser inferior a 5 (sobre 10).

O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando participe en
actividades que sumen menos do 25% da cualificación total.

No
contexto de evaluación continua, as cualificacións obtidas nos
seminarios e traballos tutelados poderán conservarse para a segunda
oportunidade, sempre a cando superen a mínima de 4 citada previamente. A
cualificación da proba mixta obtida nesta segunda oportunidade
substituirá á da primeira.

Os alumnos avaliados na segunda
oportunidade solo poderán optar a matrícula de honra se o número máximo
destas para o curso non se esgotaron na primeira.

Nos siguintes
cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a
avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno que non supere a
materia neste curso deberá realizar todas as actividades programadas
para o novo curso.

No caso de alumnos con dedicación parcial, ou dispensa de asistencia,
tódalas actividades avaliables poden ser levadas a cabo online, e cualificadas do mesmo
xeito que se foran presenciais, polo que non é preciso un protocolo
específico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes