Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
 Asignaturas
  Complexos metálicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 B1 B7 B10 Durante a sesión maxistral os profesores fomentarán a participación activa dos estudantes; normalmente mediante preguntas seleccionadas calibrarán o grao de implicación do alumno e de consecución dos necesarios resultados de aprendizaxe 10
Estudo de casos A1 A2 B2 B3 B7 B10 B11 Nesta actividade cualificarase tanto a participación activa do alumno co grao no que conseguiu resolver de maneira correcta o caso exposto. Con este fin tamén se utilizará a atención personalizada obrigatoria para calibrar a consecución de competencias. 15
Solución de problemas A1 A2 B1 B2 B3 B7 B10 B11 Nesta actividade será obxecto de avaliación a realización correcta dos correspondentes problemas ou cuestións, así como o grao de implicación do alumno. A atención personalizada utilizarase tamén para axudar a determinar o grao en que os alumnos están a alcanzar as competencias previstas. 15
Proba mixta A1 A2 A3 B3 B7 A corrección da proba mixta, cuxos criterios serán coñecidos polos alumnos no momento da celebración do exame proporcionará un adecuado índice do grao de consecución dos resultados de aprendizaxe expostos. 60
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final, estando condicionado o acceso ao exame á participación en polo menos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (seminarios de problemas e tutorías).

A avaliación continua (N1) terá un peso do 40% na cualificación da materia e constará de dous compoñentes: clases interactivas de grupo reducido (seminarios) e clases interactivas de grupo moi reducido (tutorías). Os seminarios e as tutorías incluirán os seguintes elementos resolución de problemas e casos prácticos (15%), realización de traballos e informes escritos (5%), exposición oral, caso de levarse a cabo, [(casos prácticos, problemas), 10%] e cuestións orais durante o curso (10%). De non realizarse a exposición oral a súa contribución á cualificación sumarase á resolución de problemas e casos prácticos.

O exame final (N2) versará sobre a totalidade dos contidos da materia.

A cualificación do alumno obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:

Nota final= máximo (0.4 x N1 + 0.6 x N2)

Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).

Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.

Aqueles
alumnos que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da
UDC y así lo desexen, será, avaliados unicamente pola nota obtida na proba
mixta ou exame final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes