Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
 Asignaturas
  Química Médica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Levaranse a cabo 12 sesións en clases maxistrais en grupo único onde se desenvolverán os contidos teóricos da materia. Consistirá maioritariamente en presentacións de Power-Point. Os alumnos terán, con suficiente antelación, as copias das correspondentes presentacións a través da plataforma Moodle da materia, co fin de que o alumno poida preparar previamente a materia que se vai impartir, ademais de facilitar o seguimento das explicacións. Fomentarase en todo momento a participación interactiva do alumno. A asistencia a estas clases non é obrigatoria, pero é máis que recomendable.
Seminario Proponse levar a cabo 7 sesións de seminarios de grupo reducido onde os alumnos presentarán os traballos formulados polo profesor. Haberá unha quenda de debate e preguntas sobre o tema proposto tanto por parte dos alumnos como do profesor. Os alumnos dispoñerán con suficiente antelación dos devanditos traballos a través da plataforma Moodle, para que os elaboren antes do inicio destas clases. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Traballos tutelados Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Supoñerán para cada alumno 2 horas. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas, etc. A asistencia a estas clases é obrigatoria
Proba obxectiva Levarase a cabo unha proba obxectiva que versará sobre a totalidade dos contidos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes