Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
 Asignaturas
  Deseño e Desenvolvemento de Materiais Avanzados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 A4 B5 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (25% da calificación global) 0
Seminario B4 B7 B10 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (25% da calificación global) 0
Solución de problemas A3 A4 B1 B4 B5 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (25% da calificación global) 25
Proba obxectiva A1 A3 A4 B1 B4 B5 B7 B10 B11 Computará o 75% da calificación global. 75
 
Observacións avaliación

1. Procedemento de avaliación.

A avaliación desta materia
farase mediante un sistema cuxos apartados e a súa ponderación correspondente
detállase a continuación:

Sistema de avaliación
(Ponderación):

- Exame final (75%)

- Avaliación continua (25%)
mediante:

-- resolución de problemas e
casos prácticos.

-- avaliación continua do estudante
mediante preguntas e cuestións orais durante o curso e eventual exposición
oral de traballos e informes.

Segundo isto, o exame final
terá un peso do 75% na cualificación da materia. A avaliación continua terá
un peso do 25% na cualificación da materia. A cualificación do estudante
obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte:

Nota final= 0,75 x N1 + 0,25 x
N2

sendo N2 a nota numérica
correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N1 a nota numérica do
exame final (escala 0-10).

As actividades docentes
presenciais (seminarios e titorías) son de asistencia obrigatoria. O
estudantes repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os
que cursan a materia por primeira vez.

2. Recomendacións de cara á
avaliación.

O estudante debe repasar os
conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o material de
apoio aportado polo profesorado e a bibliografía recomendada para cada tema.
O grao de acerto no plantexamento dos seminarios e resolución dos exercicios propostos proporciona unha
medida da preparación do estudante para afrontar o exame final da materia.
Aqueles estudantes que atopen dificultades importantes á hora de traballar as
actividades propostas deben consultar co profesor, co obxectivo de que éste
poida analizar o problema e axudar a resolver esas dificultades.

3. Recomendacións de cara á
recuperación.

O profesor analizará con
aqueles estudantes que non superen con éxito o proceso de avaliación, e así o
desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contenidos da materia.
Tamén se lles proporcionará material adicional (cuestións, exercicios,
exames, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia.

4. Outros.


A asistencia ás actividades
presenciais (clases presenciais teóricas, seminarios e titorías) é
obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose
razóns contempladas na normativa universitaria vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes