Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
 Asignaturas
  Técnicas de Preparación e Caracterización de Materiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A4 A9 B1 B5 B13 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (25% da calificación global) 0
Seminario A3 A4 A7 B5 B10 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (25% da calificación global) 0
Solución de problemas A3 A4 B1 B4 B5 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (25% da calificación global) 25
Proba obxectiva A3 A4 A7 A9 B1 B4 B10 B13 Computará o 75% da calificación global. 75
 
Observacións avaliación

1. Procedemento de avaliación.

A avaliación desta materia farase mediante un
sistema cuxos apartados e a súa ponderación correspondente detállase a
continuación:

Sistema de avaliación (Ponderación):

- Exame final (75%)

- Avaliación continua (25%) mediante:

-- resolución de problemas e casos prácticos.

-- avaliación continua do estudante mediante
preguntas e cuestións orais durante o curso e eventual exposición oral de
traballos e informes.

Segundo isto, o exame final terá un peso do 75%
na cualificación da materia. A avaliación continua terá un peso do 25% na
cualificación da materia. A cualificación do estudante obterase como resultado
de aplicar a fórmula seguinte:

Nota final= 0,75 x N1 + 0,25 x N2

sendo N2 a nota numérica correspondente á
avaliación continua (escala 0-10) e N1 a nota numérica do exame final (escala
0-10).

As actividades docentes presenciais (seminarios e
titorías) son de asistencia obrigatoria. O estudantes repetidores terán o mesmo
réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.

2. Recomendacións de cara á avaliación.

O estudante debe repasar os conceptos teóricos
introducidos nos distintos temas utilizando o material de apoio aportado polo
profesorado e a bibliografía recomendada para cada tema. O grao de acerto na
resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do
estudante para afrontar o exame final da materia. Aqueles estudantes que atopen
dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben
consultar co profesor, co obxectivo de que éste poida analizar o problema e axudar
a resolver esas dificultades.

3. Recomendacións de cara á recuperación.

O profesor analizará con aqueles estudantes que
non superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades
atopadas na aprendizaxe dos contenidos da materia. Tamén se lles proporcionará
material adicional (cuestións, exercicios, exames, etc.) para reforzar a
aprendizaxe da materia.

4. Outros.

A asistencia ás actividades presenciais (clases presenciais teóricas, seminarios e titorías) é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns contempladas na normativa universitaria vigente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes