Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial
 Asignaturas
  Materiais Moleculares
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A3 A4 B1 B4 B5 B7 B10 B11 B13 Dentro dos seminarios realizaranse unha serie de actividades evaluables:
Resolución de problemas e casos prácticos (10%)
Realización de traballos e informes escritos (10%)
20
Presentación oral A1 A3 A4 B1 B4 B5 B7 B10 B11 B13 O alumno presentará de forma oral, ao longo do desenrolo da materia, un ou varios dos resultados obtidos dentro das actividade plantexadas nos seminarios. 10
Sesión maxistral A1 A3 A4 Será avaliada a participación do alumno nas sexións expositivas, a través de preguntas formuladas polo profesor ou a través do debate cos compañeiros. 10
Proba mixta A1 A3 A4 B1 B4 B5 B7 B10 B11 B13 Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso. 60
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia farese
mediante un sistema no que os seus apartados e ponderación serán os seguintes:

1. Avaliación continua 10%

2. Resolución de problemas e casos prácticos 10%

3. Realización de traballos e informes escritos 10%

4. Exposición oral (traballos, informes, etc) 10%

5. Proba mixta final 60%

O estudante debe repasar os
conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o material de
apoio aportado polo profesorado e a bibliografía recomendada para cada tema.
Aqueles estudantes que encuentren dificultades importantes á hora de traballar
as actividades propostas deben consultar ao profesor, co obxetivo de que este
poida analizar o problema e axudar a resolver estas dificultades.

A asistencia a todas as
actividades avaliables é necesaria para superar a materia. Aa faltas asociadas
a algunha das actividades presenciais (seminarios, presentacións orais,
seminarios) deberá ser xustificadas documentalmente, aceptándose so razóns
contempladas na normativa universitaria vixente. Para aprobar a materia será
preciso obter na proba mixta unha nota igual ou superior ao 4 e conseguir,
sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha nota mínima
de 5 sobre 10. Por tanto, para os alumnos cunha nota media igual ou superior a
5 que non alcanzasen a cualificación de 4 na proba mixta, a materia figurará
como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta. Os alumnos que participen nun número
de actividades avaliables non superior ao 15% obterán a cualificación de Non
Presentado.

No que respecta á segunda
oportunidade de avaliación, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá
á obtida na proba mixta de xuño. A cualificación correspondente ás demais
actividades avaliables poderase conservar na oportunidade de xullo ou, de maneira
alternativa, como parte final da proba de xullo, os alumnos poderán realizar un
exercicio avaliable, con actividades análogas ás desenvolvidas nos seminarios
durante o curso. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar
á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non
se cubriu na súa totalidade na primeiro oportunidade.

Polo que se refire aos sucesivos
cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación,
refírese a un curso académico, e por tanto volvería comezar cun novo curso,
incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan
programadas para o devandito curso.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes