Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Química supramolecular
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química supramolecular Código 610509107
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Química
Coordinación
Esteban Gomez, David
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
Profesorado
Esteban Gomez, David
Correo electrónico
david.esteban@udc.es
Web
Descrición xeral A Química Supramolecular é unha materia imprescindible no módulo de "Química Sintética", que permite comprender a natureza das interacións intermoleculares, e analizar as posibles implicacións que éstas poden chegar a ter, tanto desde o punto de vista estrutural, como de reactividade en procesos catalíticos e estereoselectivos. Os contidos tratados na materia profundizan en moitos dos aspectos presentados en diferentes materias do módulo, e resultan un complemento necesario para facer fronte aos contidos de materias dos módulos de "Química Biolóxica", "Nanomateriais e Novos Materiais" e de "Técnicas Analíticas Avanzadas". Unha vez cursada, o alumnado terá adquirido os coñecementos básicos relacionados coa Química Supramolecular, como ferramenta na construción de sistemas complexos a partir de unidades perfectamente definidas, e das interacións que os gobernan, tanto para a súa aplicación en distintas áreas de investigación como para entender diferentes procesos industriais tales como a catálise, xelificación, solubilización de sistemas complexos, etc.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. No caso de ser necesario por causas de forza maior, poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, que en calquera caso cubrirá todos os aspectos máis relevantes da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías manteranse pero pasarán a realizarse en “modalidade en liña”, e dicir, empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as aulas en tempo real, utilizaranse medios asicrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titoriáis máis personalizadas...). *Metodoloxías docentes que se modifican As probas obxectivas serán probas en liña que se realizarán mediante Moodle ou ferramentas equivalentes, facendo un seguimento das mesmas a través da plataforma Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo. 4. Modificacións na avaliación Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia en liña sincrónica sen dificultade, avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial en aula. O alumnado que non poda seguir as actividades en liña sincrónicas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asincrónica. *Observacións de avaliación: Non hai. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes