Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
 Asignaturas
  Química supramolecular
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A7 B10 C4 A proba mixta realizarase no calendario acordado pola Xunta de Facultade de cada centro. O seu obxectivo é o de obter unha avaliación do nivel de coñecementos e competencias acadados polo alumno, así como o de avaliar a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia. 75
Solución de problemas A1 B2 B3 B7 B10 C3 Realización das actividades asociadas á resolución dos boletíns de problemas facilitados polo profesor, entrega de traballos e discusión de resultados na sesión de seminario correspondente a cada tema. 5
Presentación oral A1 A3 A7 B4 B9 B10 B11 C1 C5 Presentación pública do traballo tutelado realizado polo cada alumno/a seguido dunha rolda de debate na que participará todo o alumnado co fin de asentar coñecementos e resolver dúbidas puntuais sobre os contidos presentados. 5
Traballos tutelados A1 A3 A7 B3 B7 B10 B11 C1 Elaboración dun traballo crítico de revisión centrado nun artigo de investigación relacionado cos sistemas estudados e descritos nunha unidade temática. Este proporcionarase coa suficiente antelación, e para a súa elaboración o/a estudante apoiarase en titorías de orientación co profesor que o supervise. 5
Sesión maxistral A1 A3 A7 B10 C4 Nas sesións maxistrais introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes, deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumnado. 5
Seminario A1 A3 A7 A8 B2 B3 B7 B10 B11 C1 C3 Actividade formativa de carácter eminentemente práctico deseñada co obxectivo de incidir naqueles aspectos da materia de máis difícil comprensión. 2.5
Prácticas a través de TIC A8 B2 C1 C3 Realización de actividades relacionadas coa caracterización estructural dos sistemas supramoleculares e o estudo termodinámico e/ou cinético dos equilibrios que estos suelen presentar en disolución, facendo uso de diferente software e soporte informático de uso habitual nestas analises. 2.5
 
Observacións avaliación

A avaliación desta
materia farase mediante unha metodoloxía de avaliación continua que inclúe a realización
dun exame final. O acceso ao exame está condicionado pola participación do alumnado nas actividades docentes presencias (seminarios de resolución de problemas, debate, traballos tutelados e presentación oral asociada e prácticas a través de TIC), para as que a asistencia e participación deberá ser como mínimo dun 80%. En calquera caso, será obrigatorio
asistir polo menos a unha das dúas titorías de seguemento programadas. 

O/a estudiante debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporcionará unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben acudir nas horas de titoría do profesor, a entrevistas co obxectivo de que éste poida analizar o problema e axudar a resolver estas dificultades. É moi importante á hora de preparar o exame, resolver algúns dos exercicios que figuran ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia.

O profesor verificará a
asistencia ás sesións segundo o sistema de control de asistencias oficial
establecido na Universidade (ou no seu caso Centro) na cal estea matriculado o/a estudiante. As ausencias deberán ser xustificadas documentalmente.



A ponderación da avaliación
continua e do exame final será en función das porcentaxes indicados na
táboa recollida nesta sección.

O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación, e que así o desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe
dos contidos da materia. Asemade, lles proporcionará todo aquel material
adicional (cuestións, exercicios, modelos de exame, etc.) que contribúa a
reforzar a aprendizaxe da materia.

Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao
estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá
de poder participar dunha metodoloxía formativa e actividades docentes
asociadas que lle permitan acadar os obxectivos formativos e as competencias
propias da materia. Para elo, este alumnado poderá participar dun sistema
personalizado de titorías de orientación e avaliación que servirán por unha
banda, para orientar o traballo autónomo do alumno e levar un seguimento da súa
progresión durante o curso; e por outra, para avaliar o grao de desenvolvemento
competencial acadado.

A porcentaxe de dispensa quedará prefixada nunha primeira entrevista co
alumnado, unha vez coñecida a súa situación persoal. Deste xeito, fixarase un
cronograma para as titorías de orientación, e determinarase o número de
obradoiros de resolución de problemas que deberán ser avaliados mediante esta
metodoloxía. Unha vez coñecidos, ponderarase o seu número sobre o total dos
mesmos e fixarase o número de titorías das que este alumnado deberá participar.
Todas elas serán prefixadas co alumnado en función da súa dispoñibilidade,
atendendo ao cronograma de contidos da materia e concretando os prazos de
entrega do diferente material susceptible de ser avaliado (boletíns de
problemas e cuestións). Este material seralle entregado previamente a través da
plataforma Moodle segundo o cronograma acordado na entrevista inicial.

Durante as sesións de titoría trataranse aspectos asociados tanto aos contidos
da materia como á revisión conxunta dos traballos entregados, así como á
realización de pequenos test de avaliación para comprobar se o alumnado segue
con aproveitamento estas actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes