Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Espectroscopia de Fluorescencia e Fotoquímica
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Fundamentos de espectroscopia electrónica e espectroscopia de fluorescencia Fenómenos luminiscentes. Procesos radiantes e non radiantes. Espectros de excitación e de emisión de fluorescencia. Rendemento cuántico de fluorescencia. Tempo de vida de fluorescencia. Efecto do medio na fluorescencia.
Tema 2. Técnicas experimentais Medida de espectros de fluorescencia: o espectrofluorímetro. Corrección de espectros de excitación e emisión. Medida de tempos de vida de fluorescencia. Medidas de polarización de fluorescencia. Técnicas ultrarrápidas. Fluorescencia de moléculas individuais. Microscopía de fluorescencia.
Tema 3. Extinción da fluorescencia Extinción colisional ou dinámica. Ecuación de Stern-Volmer. Extinción estática. Extinción estática e dinámica. Aplicacións no estudo de formación de complexos e de sistemas microheteroxéneos.
Tema 4. Estados electrónicos excitados e fotoquímica Formación de complexos no estado excitado: excímeros e exciplexos. Transferencia electrónica fotoinducida. Transferencia protónica fotoinducida. Outras reaccións fotoquímicas.
Tema 5. Transferencia de enerxía electrónica Mecanismos da transferencia de enerxía electrónica. Transferencia de enerxía de resonancia de Förster (FRET). Aplicacións na determinación de distancias moleculares e no estudo de asociacións supramoleculares. Mecanismo de Dexter de transferencia de enerxía: fotosensibilización e terapia fotodinámica.
Tema 6. Sondas fluorescentes Tipos de sondas fluorescentes: intrínsecas e extrínsecas. Proteína verde fluorescente. Puntos cuánticos. Aplicacións en biomedicina, análises, medio ambiente y materiais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes