Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Espectroscopia de Fluorescencia e Fotoquímica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 B2 B3 B7 B10 Avaliación de problemas entregados para cada tema: 10%.
­Avaliación de casos prácticos: 20%
30
Traballos tutelados A3 B2 B3 B7 B10 B11 C1 C3 C4 ­Exposición oral dun artigo de investigación: 10%. 10
Proba obxectiva A1 A3 A7 B2 B10 C4 exame final da materia con cuestións conceptuais e problemas 60
 
Observacións avaliación

A cualificación de aprobado obterase para unha nota final de 5 sobre 10. A nota final, tanto en primeira como en segunda oportunidade, basearase na avaliación dos seguintes aspectos:

• 40% da nota final: avaliación continua baseada nas seguintes contribucións:

­­Avaliación de casos prácticos: 30%

­Exposición oral dun artigo de investigación: 10%.

• 60% da nota final: avaliación do exame final da
materia con cuestións conceptuais e problemas, complementario á avaliación
continua tanto en primeira como en segunda oportunidade e en calquera dos
escenarios. Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame para aprobar
a materia.

A avaliación do alumnado que repite a materia rexerase polas mesmas normas de avaliación que a do alumnado que cursa a materia por primeira vez.

PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.

PLAN DE CONTINXENCIA PARA ACTIVIDADES DOCENTES EN REMOTO: O sistema de avaliación será o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes