Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Síntese estereoselectiva
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Síntese estereoselectiva Código 610509113
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Perez Sestelo, Jose
Correo electrónico
jose.perez.sestelo@udc.es
Profesorado
Perez Sestelo, Jose
Sarandeses Da Costa, Luis Alberto
Correo electrónico
jose.perez.sestelo@udc.es
luis.sarandeses@udc.es
Web http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/master.html
Descrición xeral Esta materia aborda o estudo da creación de (novos) estereocentros a partir de substratos que conteñen estereocentros ou unidades proestereogénicas (enlaces múltiples C=C ou C=X). Por iso, incorpora conceptos fundamentais para a formación en síntese, tales como a análise da Estereoquímica en reaccións químicas, a análise conformacional dos compostos orgánicos e os modelos de reactividade, incluíndo a diastereoselectividad inducida polo substrato, polo auxiliar quiral ou por un aditivo (catalizador, ligando) quiral non racémico
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral. – Seminario. – Proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican – Todas as metodoloxías docentes se levan a cabo mediante Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: permanente. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. – Teams: Sesións maxistrais, seminarios, titorías (2-6 h/semán). 4. Modificacións na avaliación – Seminario: 60% A avaliación continua terá un peso do 60% na cualificación da materia e constará os seguintes compoñentes: resolución de problemas e casos prácticos, cuestións durante o curso e asistencia e participación. Pasa de 40% a 60%. – Proba mixta 40% Proba mixta que versará sobre os contidos explicados. Común ao resto das universidades participantes no mestrado. Pasa de 60% a 40%. *Observacións de avaliación: A proba mixta consistirá nun conxunto de preguntas través de Moodle ou Forms para responder nun tempo determinado. Non hai restricións de mínimos nos apartados avaliados. Se o alumnado tivera dificultades para a realización da proba mixta faríase uso de chamadas telefónicas ou se empregaría un método de avaliación asíncrono. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: elaboración de traballos tutelados (60%) e proba mixta (40%). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións da bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes