Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Química de Biomoléculas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A4 B1 B4 B7 B10 B11 C1 Dentro da avaliación continua (N1), nos seminarios realizaranse unha serie de actividades evaluables: Resolución de casos prácticos, realización de traballos e informes escritos. Así mesmo, o alumno presentará de forma oral, ao longo do desenrolo da materia, un ou varios dos resultados obtidos dentro das actividade plantexadas nos seminarios.
45
Proba mixta A1 A4 A3 A9 B1 B2 B5 O exame final (N2) abarcará todos os temas. 55
 
Observacións avaliación

A calificación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. Para o acceso o exame é necesaria a participación no 100% das actividades de ensino de asistencia obrigatoria (clases, seminarios e tutorías).
Avaliación continua (N1) vai pesar un 45% na nota do curso e consiste en dous compoñentes: clases interactivas en grupo pequeno (seminarios) e clases interactivas en grupos moi pequenos (titorías). Seminarios e titorías incluirán a resolución de problemas e casos prácticos (40%), preguntas orais e problemas durante o curso (5%). O exame final (N2) vai cubrir a totalidade do contido da materia e terá un valor do 55%

A puntuación do alumno será obtida como resultado da aplicación da seguinte fórmula:

nota final = 0.45 x N1 + 0.55 x N2

N1 corresponde á avaliación continua (escala de 0-10) e N2 ao exame final (escala de 0-10).

Para aprobar a materia será requisito imprescindible ter unha nota mínima de 4 no exame final.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán avaliados cos criterios expostos anteriormente.

Os estudantes con dispensa académica están exentos da asistencia aos seminarios e titorías (45% da cualificación global) e serán avaliados únicamente mediante a proba mixta, tanto na primeira como na segunda oportunidade, que supondrá o 100% da cualificación global.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación será penalizada tendo en conta o establecido na normativa. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes