Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Química de Produtos Naturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B4 B7 B10 B11 Estará composto por dous partes: as clases teórico-prácticas (seminarios) e clases interactivas en grupos moi pequenos (tutoriais). Dentro da avaliación continua (N1) esta parte vai pesar 40% na nota do curso 30
Sesión maxistral B2 B5 C3 C4 A participación é obrigatoria. Todas as faltas deberán ser xustificadas. A avaliación continua dentro desta parte vai pesar 5% na nota do curso. Será avaliado a través de preguntas e preguntas orais durante o curso. 5
Proba mixta A1 A4 A3 B2 B5 O exame final (N2) abarcará todos os tema. Pesará un 60% na clasificación da materia. 55
Estudo de casos B4 B7 B10 B11 C1 Avaliaráse o informe asignado polo profesor 10
 
Observacións avaliación

O exame final terá carácter presencial. A data de realización do
exame será a que determine o centro.

Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas
será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento
académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”

A cualificación do/a alumno/a consistirá en varias partes:


- Avaliación continua (40%), que poderá constar á súa vez de:

Resolución de problemas e casos prácticos, individuais, ou en
grupo 30%

Realización de traballos e informes escritos 10%

- Exame final (55%)

O exame final incluirá tanto elementos de tipo teórico como de
tipo práctico (resolución de casos) asociados ás actividades desenvolvidas nas
clases expositivas e nos seminarios.

- Asistencia as clases teóricas: 5%


O criterio para a avaliación como "non presentado" é que o/a alumno/a
non se presente ao exame final.


Esixirase unha asistencia superior ao 80% do total das clases de carácter
obrigatorio (expositivas, seminarios e titorías).

É posible que os
escenarios cambien ao longo do curso e que se alternen. Sen embargo, o programa
da materia e a estrutura dos contidos e actividades non teñen porque verse
modificadas por elo, de maneira que a avaliación descrita é válida para
calquera dos tres escenarios que se contemplan como posibles ao longo do curso.

No caso de que se detecte
plaxio, aplicarase a normativa da UDC. Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria, tratarase de incorporar
a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e
modificar prexuicios e actitudes sexistas así como situacións de discriminación
por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas e fomentar
valores de respecto e igualdade

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes