Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Técnicas Avanzadas de Caracterización de Materiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A9 Valorarase o traballo do alumnado, as súas respostas, o seu nivel de coñecemento,e a súa participación activa no debate cos seus compañeiros. 5
Seminario A1 B2 B3 B5 B8 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (45% da calificación global) 20
Solución de problemas A1 A2 A9 B2 B10 B11 C1 C4 SESIÓN MAXISTRAL, SEMINARIOS, SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: computaranse conxuntamente (45% da calificación global) 20
Proba obxectiva A1 A2 A9 B2 B3 B5 B8 B10 B11 C1 Computará o 55% da calificación global. 55
 
Observacións avaliación

1. Procedemento de avaliación.

A avaliación desta materia farase mediante un
sistema cuxos apartados e a súa ponderación correspondente detállase a
continuación:

Sistema de avaliación (Ponderación):

- Exame final (55%)

- Avaliación continua (45%) mediante:

-- resolución de problemas e casos prácticos.

A avaliación continua (N1) terá un peso do 45% na cualificación da materia e será fundamentalmente telemática (Campus Virtual ou Microsoft TEAMS).


Consistirá en entregas no Campus Virtual de problemas e casos prácticos (35%), na avaliación do estudante mediante preguntas e cuestionarios durante o curso (5%) e na exposición oral (traballos, informes, problemas e casos prácticos) (5%).

O exame final (N2) terá un peso do 55% e versará sobre a totalidade dos contidos da materia. A cualificación do alumno obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte: Cualificación final= 0.45 x N1 + 0.55 x N2 Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10). En todo caso, para aprobar a materia, será requisito imprescindible alcanzar unha cualificación final mínima de 5,0 (escala 0-10).

2. Recomendacións de cara á avaliación.

O estudante debe repasar os conceptos teóricos
introducidos nos distintos temas utilizando o material de apoio aportado polo
profesorado e a bibliografía recomendada para cada tema. O grao de acerto na
resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do
estudante para afrontar o exame final da materia. Aqueles estudantes que atopen
dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben
consultar co profesor, co obxectivo de que éste poida analizar o problema e axudar
a resolver esas dificultades.

3. Recomendacións de cara á recuperación.

O profesor analizará con aqueles estudantes que
non superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades
atopadas na aprendizaxe dos contenidos da materia. Tamén se lles proporcionará
material adicional (cuestións, exercicios, exames, etc.) para reforzar a
aprendizaxe da materia.

4. Outros.

A asistencia ás actividades presenciais (clases presenciais teóricas, seminarios e titorías) é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns contempladas na normativa universitaria vigente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes