Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Técnicas Atómicas Avanzadas e Sensores
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións para a avaliación
O alumno debe revisar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas, utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de éxito na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles estudantes que teñan dificultades importantes cando traballan nas actividades propostas deben asistir ás horas de titoría do profesor, para que o profesor poida analizar o problema e axudar a resolver esas dificultades. É moi importante, á hora de preparar o exame, resolver algúns dos exercicios que aparecen ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia.

Recomendacións para a recuperación
O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación e, se así o desexan, as dificultades atopadas para aprender os contidos da materia. Tamén lles proporcionará material adicional (preguntas, exercicios, exames, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia


• É moi recomendable asistir ás clases da exposición dende o primeiro día, xa que os distintos temas do programa están ligados entre si.
• É importante manter o estudo "actualizado".
• Despois de ler un tema, é útil resumir os puntos importantes, identificando as cuestións básicas a recordar e asegurándote de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes