Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Seguridade Industrial
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Seguridade Industrial Código 610509131
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Riveiros Santiago, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.riveiros@udc.es
Profesorado
Riveiros Santiago, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.riveiros@udc.es
Web http://https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/ciencias/master-universitario-investigacion-quimica-quimica-industrial
Descrición xeral A industria química está suxeita a unha estricta lexislación en materia de seguridade laboral. Por iso o profesional da química debe de coñecer todos aqueles aspectos que poden dar lugar a situación de risco no solo para as persoas si non, tamén, para os bens e o medioambiente. A seguridade das persoas, dos traballadores e do medioambiente son fundamentáis, hoxe en día, e cada vez máis nas empresas. A xestión da seguridade industrial evita grandes gastos nas empresas xa que as catástrofes xeradas por unha inadecuada xestión se resolven pola vía do código civil e evita que os profesionais se teñan que enfrontar á vía do código penal. Ademas, de xerar unha mala imaxe das empresas na sociedade.
Plan de continxencia Escenario 1: normalidade adaptada (sen restriciones á presencialidad física) • A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que de forma excepcional e xustificada a docencia telemática poderá combinarse coa presencial ata un máximo dun 10% das horas da materia, e no caso de docencia práctica realizada por medios telemáticos poderá chegarse ata o 25%. • As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que poderán realizarseparcialmente de maneira virtual. • As probas finais serán presenciais. Escenario 2: distanciamento (con restricións parciais á presencialidad física). • A docencia expositiva poderá realizarse en dúas modalidades, na súa totalidade de forma presencial (para grupos reducidos), ou combinada ao 50% presencialidad física e 50% telemática, naqueles espazos docentes nos que o distanciamento sexa posible. Na docencia interactiva, de seminarios e laboratorios, poderase combinar a presenza física e telemática, ata un máximo do 50% das horas da materia de forma telemática, cando o distanciamento así o requira. • As titorías serán presenciais na súa totalidade (se o distanciamento é posible) ou ben combinadas ao 50% con clases telemáticas (se non fose posible a presencialidad). • As probas finais serán preferentemente presenciais Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impatir docencia presencial). • A docencia será completamente de caracter telemático, con mecanismos síncronos. • As titorías serán exclusivamente telemáticas. • As probas finais serán exclusivamente de caracter telemático. De forma xeral nos tres escenarios, para o desenvolvemento da docencia temática utilizaranse as ferramentas MS Teams e Moodle. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes