Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Matemáticas 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 A20 B1 B3 C1 C3 C6 Desenvolvemento de aspectos concretos con exemplos e problemas resoltos. 10
Proba obxectiva B2 B3 Desenvolvemento de cuestions e problemas 70
Sesión maxistral A15 A16 A24 A27 B1 B2 B3 B6 Preguntas ao alumno 10
Solución de problemas A20 A25 B2 B3 C1 Entrega de boletíns e exámenes de outros cursos resoltos. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario obter, sumadas as
cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima do 50% do
total e un 50% da proba obxetiva. Para obter a cualificación de non presentado, sera suficiente que
o alumno non participe na proba obxectiva e non ser avaliado nos
Traballos tutelados en mais dun 50%. Na proba de segunda  oportunidade o
criterio para superar a materia será o anterior ou ben obter unha nota
non inferior ao 50% na proba obxectiva. Polo que se refire a sucesivos
cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto se volveria a
empezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos
de avaliación que fosen programados para o devandito curso; no entanto
permítese solicitar manter a cualificación de prácticas dun curso
anterior.

Os alumnnos matriculados en regimen de tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,

poden ser avaliados de maneira personalizada no referente ás
metodoloxías de Sesión maxistral, Solución de problemas e Traballos
tutelados. Os alumnos matriculados en regimen de tempo parcial é
obrigatorio presentarse á proba obxectiva, asi como ás probas parciais
ao longo do curso. Para a primeira e segunda  oportunidade os criterios
de avaliación para este alumnado, é o mesmo que para os outros  e a
porcentaxe de dispensa de asistencia será do 80%.

A Proba obxectiva é igual para todos os alumnos.

Teñen prioridade na concesión de matrícula de
honra os alumnos de primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes