Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Clases nas que se realizan prácticas de laboratorio, preténdese que o alumno/a aprenda a utilizar distinto instrumental de laboratorio, aprenda a calcular erros, e determinar datos mediante axustes de mínimos cadrados. Todo iso co fin de que adquira un sentido crítico que lle leve a unha análise científica do que está a realizar. Farase unha avaliación continua do traballo diario do laboratorio do alumno/a.
Sesión maxistral Exposición de contidos por parte do profesor con pouca interactuación do alumno. É eficaz para explicar temas complexos e transmitir información.
Solución de problemas Clases de grupos de docencia interactiva nos que proponse exercicios, que o alumno/a ben individualmente ou en grupo resolve durante as sesións, en presencia do profesor. O profesor asi, en directo, pode observar as dificultades que cada alumno/a presenta na resolución de problemas.
Proba obxectiva Ao longo do curso se realizarán 4 probas obxetivas ou controis de carácter presencial dos contidos impartidos nas sesións maxistral e de problemas.
Proba mixta Proba teórico-práctica que permitirá avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes