Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A19 A20 A22 A23 A24 B3 B4 B5 B6 B7 C3 A realización destas prácticas é OBRIGATORIA e polo tanto se non se realizan non se pode aprobar a materia.
Dado que a asistencia a todas as sesiones das prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado, a non asistencia sen causa xustificada (según o Artigo 12 das "Normas da avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario" vigente) implica o non poder superar a asignatura. A realización das mesmas farase exclusivamente durante o calendario oficial previsto polo centro.
Puntuarase cun máximo de 1.5 puntos sobre o 10 da nota total.
O 1.5 repartirase do seguinte modo:
-1 punto corresponderase á avaliación do traballo diario no laboratorio. Para iso cada parella de prácticas deberá entregar un guión cos resultados obtidos, de cada unha das prácticas que realice, que en total serán 5. Cada práctica terá un valor máximo de 0.2.
-0.5 puntos se corresponderán ca realización dun exame de prácticas que consisitirá na repetición dunha das prácticas xa feitas. A realización do exame será condición NECESARIA para ser avaliado.
Con anterioridade á realización das prácticas darase unha sesión na aula para explicar erros, cálculos, axustes e análise de resultados que posteriormente se aplicarán no laboratorio. A non asistencia a esta clase, sen causa xustificada, supoñerá unha penalización na nota final de prácticas de 0.3 ptos
15
Proba mixta A1 A3 A5 A12 A14 A15 B2 C1 A proba mixta poderá superarse por parciais.
O primeiro parcial realizarase antes de finalizalo primeiro cuadrimestre e será fixada a súa data no calendario de coordinación. Esta proba parcial libera materia e para superala será necesario conseguir un mínimo de 4.25 puntos sobre un máximo de 8.5 puntos.
Todos aqueles alumnos que superen este primeiro parcial examinaranse do resto da materia nun segundo parcial que se realizará na oportunidade de xaneiro. No caso de non superar este segundo parcial na oportunidade de xaneiro conservaráselle a nota do primeiro parcial para a 2ª oportunidade de xullo.
Ó igual que no caso do primeiro parcial para superar o segundo parcial será necesario conseguir un mínimo de 4.25 puntos sobre un máximo de 8.5 puntos.
Todos aqueles alumnos que non superaran ou non se presentaran o primeiro parcial examinaranse do global da asignatura nas oportunidades de xaneiro e xullo sendo necesario conseguir un mínimo de 4.25 puntos sobre un máximo de 8.5 puntos.

A nota final será a suma da nota da proba mixta (máx 8.5 pto) + prácticas de aboratorio (máx 1.5 pto) sendo imprescindible alcanzar unha puntuación de 5 puntos para superar a materia.

85
 
Observacións avaliación
1-A nota final será sobre 10 e a realización das prácticas así
como a proba mixta é indispensable para aprobar a materia.

2-A puntuación obtida nas prácticas de laboratorio conservarase para as oportunidades de xaneiro e xullo. 

3-Se non se acada o mínimo de 4.25 puntos exixido na nota final da proba mixta non se sumarán a calificación das prácticas de laboratorio.

4A realización
das prácticas é OBRIGATORIA e polo tanto se non se realizan NON se pode
aprobar a materia. 
 

5-A calificación de NON PRESENTADO se reservara para aqueles alumnos que non se presenten a proba mixta oficial das oportunidades de xaneiro e xullo. 

6- Todos aqueles alumnos que SE MATRICULEN A TEMPO PARCIAL terán a siguiente valoración:
 a) As prácticas de laboratorio  de carácter obligatorio
(valor máximo 1.5 punto)
 b) A proba mixta (valor máximo de 8.5 puntos).   

Para superar a materia a suma de nota de prácticas máis a proba mixta (é necesario alcanzar un mínimo de 4.25 puntos nesta última para que conte no cómputo global) debe ser de 5 puntos.

 7-Se concederá a calificación de "matricula de
honra " prioritariamente ós alumnos que a obtiveron na primeira
oportunidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes