Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A19 A20 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B5 C3 C6 A realización das prácticas é OBLIGATORIA polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación e entrega de resultados de cada sesión e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. 15
Solución de problemas A14 A15 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 Avaliarase a participación na resolución dos problemas plantexados e poderanse recoller periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. 15
Proba mixta A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 B2 B3 C6 Exame que computa o 70 % da nota final.
Durante o cuadrimestre realizarase unha proba parcial que permitirá eliminar parte da materia no caso de obter unha nota igual ou superior a 5 (sobre 10).
70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter no exame unha nota non inferior ó 5 (sobre 10), e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota mínima de 5 (sobre 10) e calcularase así:exame*0,7+prácticas+resolución de problemas. De non alcanzarse a ditapuntuación mínima en algunha das actividades avaliables, e no caso de que anota final fóse maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa(4,5).

A avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. A cualificaciónda proba de xullo substituirá á obtida na proba de xuño.

Os alumnos que por razóns xustificadas ou por estar matriculados a tempo parcial non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente, que consistirá na entrega e explicación durante as sesións de titoría individualizada dos boletíns de problemas e actividades propostas para facer nas sesións de grupo reducido.

As prácticas de laboratorio realizaranse segundo o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre. A realización das prácticas ten carácter obligatorio polo que é necesario facelas e superalas para poder superar a materia.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en actividades que sumenmáis do 25% da cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes