Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A19 A20 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B5 C3 C6 A realización das prácticas é OBLIGATORIA polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación e entrega de resultados de cada sesión e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. 15
Solución de problemas A27 A15 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C3 C6 Avaliarase a participación na resolución dos problemas plantexados e recolleránse periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. 20
Proba mixta A1 A3 A12 A14 A15 A24 A25 B2 B3 C6 Realizaráse polo menos unha proba parcial que pode liberar materia para a proba final.
O exame final computa ata o 65 % da nota total.
65
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter no exame unha nota non inferior ó 5 (sobre 10), e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota mínima de 5 (sobre 10) e calcularase así:exame final*0,65+prácticas+solución de problemas. De non alcanzarse a dita puntuación mínima en algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa(4,5).

A avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso correspondente non se cubriu na primeira oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios de resolución de problemas así como das probas parciais, conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á obtida na proba de xuño.

Os alumnos que por razóns xustificadas ou por estar matriculados a tempo parcial non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente, que consistirá na entrega e explicación durante as sesións de titoría individualizada dos boletíns de problemas e actividades propostas para facer nas sesións de grupo reducido.

As prácticas de laboratorio realizaranse segundo o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre. A realización das prácticas ten carácter obligatorio polo que é necesario facelas e superalas para poder superar a materia.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en actividades que sumen máis do 25% da cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes