Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Xeral 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas A fin de que o alumno poida aproveitar o mellor posible a clase expositiva, deberá lerse previamente o correspondente tema na bibliografía recomendada e despois de asistir a clase expositiva, responder a un test sobre a base da devandita lectura.
Sesión maxistral Na clase maxistral pasarase revista aos contidos dos correspondentes temas, sinalando os seus aspectos máis importantes, deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de máis difícil comprensión para o alumno.
Solución de problemas As clases de solución de problemas estarán dedicadas á resolución dun boletín de problemas e cuestións propostas con antelación ao alumno a fin de que este poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial. Subir as repostas aos boletíns ao Campus Virtual será imprescindible para poder ser avaliado nas clases de problemas.
Periodicamente, nas clases de solución de problemas se levarán a cabo probas curtas destinadas tanto á avaliación do aproveitamento dos alumnos como á orientación do profesor sobre os problemas que a materia lles presenta. Tangencialmente, estas tenden a propiciar que o estudante realice de maneira continuada o esforzo que require o estudo da materia
Proba mixta Proba de conxunto que se realizará na data fixada no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxectivo é contribuir á avaliación do nivel de competencias adquirido polo alumnado no conxunto da materia.
Obradoiro Os obradoiros están concibidos como un conxunto de actividades eminentemente prácticas nas que o alumno debe participar de maneira activa. O seu principal obxectivo é completar e profundar naqueles aspectos do temario máis relevantes e/ou de difícil comprensión. Cada Obradoiro leva asociada a realización dun traballo previo e subir ao Campus Virtual os devanditos traballos será imprescindible para poder ser avaliado nos Obradoiros.
Ao finalizar o obradoiro, empregando aplicacións dispoñibles en Internet, realizarase unha proba de resposta múltiple para avaliar o grao de asimilación do alumno dos aspectos do temario traballados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes