Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test e problemas. Estes serán similares aos plantexados ao longo do curso.
50
Solución de problemas A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 Cualificaranse conxuntamente as clases de solución de problemas e os obradoiros, cun máximo de 25 puntos en total.

Nesta actividade terase en conta a participación do alumnado nas correspondentes clases de problemas. Tamén se poderán avaliar os boletíns que o alumando terá que entregar antes da clase de problemas, así como algún exercicio breve que poderá realizarse durante as mesmas.
25
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 Cualificaranse conxuntamente as clases de solución de problemas e os obradoiros, cun máximo de 25 puntos en total.

Nesta actividade terase en conta a participación e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado. Tamén se poderán avaliar os traballos que o alumando terá que entregar antes de alguns dos obradoiros, así como algún exercicio breve que poderá realizarse durante os mesmos.
0
Proba obxectiva A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. 25
 
Observacións avaliación

A cualificación será a suma das seguintes contribucións:


- Proba mixta: até un máximo de 50 puntos


- Probas obxectivas: até un máximo de 25 puntos


- Clases de solución de problemas e obradoiros: até un máximo de 25 puntos.Aínda que as respostas aos test previos ás sesións expositivas non forman parte da avaliación da materia, considéranse unha ferramenta fundamental dentro da metodoloxía docente deseñada. En consecuencia, aqueles membros do alumnado que non resposten a algún test, ou o fagan dunha maneira manifestamente neglixente, non serán avaliados nas clases de solución de problemas nin nos obradoiros relacionados.


Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 50 puntos entre as diferentes actividades avaliables (proba mixta, probas obxectivas, solución de problemas e obradoiros), así como obter unha cualificación mínima de 20 puntos (sobre 50) na proba mixta. De non alcanzarse dita puntuación mínima na proba mixta, no caso de que a media sexa superior ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará como suspensa (4.5).


Dado que a cualificación baséase no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto que poderá sumarse á cualificación final.


Os alumnos que non participen nas clases de solución de problemas e nos obradoiros obtendrán unha cualificación de cero puntos neste apartado (ate 25 puntos da nota global) nas dúas oportunidades.


O alumno terá unha cualificación de non presentado cando realice menos dun 25% das actividades académicas programadas e non se presente a proba mixta.


O alumnado que sexa avaliado na chamada “segunda oportunidade” só poderá optar á matrícula de honra se o número máximo déstas para o correspondente curso non fora cuberto na súa totalidade na “primeira oportunidade”.


No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.


Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso , incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes