Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Xeral 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 C1 Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. 25
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 Cualificaranse conxuntamente as clases de solución de problemas e os obradoiros, cun máximo de 15 puntos en total.

Nesta actividade terase en conta a participación e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado. Tamén se poderá avaliar algún exercicio breve que poderá realizarse durante os mesmos.
0
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test, formulación e problemas. Estes serán similares aos plantexados ao longo do curso.
60
Solución de problemas A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 Cualificaranse conxuntamente as clases de solución de problemas e os obradoiros, cun máximo de 25 puntos en total.

Nesta actividade terase en conta a participación do alumnado nas correspondentes clases de problemas. Tamén se poderá avaliar algún exercicio breve que poderá realizar durante as mesmas.
15
 
Observacións avaliación

A cualificación será a suma das seguintes contribucións:

- Proba mixta: até un máximo de 60 puntos

En la prueba mixta no saber formular
correctamente supondrá la anulación del ejercicio correspondiente.

- Probas obxectivas: até un máximo de 25 puntos

- Clases de solución de problemas e obradoiros: até un máximo de 15 puntos.Aínda que as respostas aos test previos ás sesións expositivas non forman parte da avaliación da materia, considéranse unha ferramenta fundamental dentro da metodoloxía docente deseñada. En consecuencia, aqueles membros do alumnado que non resposten a algún test, ou o fagan dunha maneira manifestamente neglixente, non serán avaliados nas clases de solución de problemas nin nos obradoiros relacionados.

Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 50 puntos entre as diferentes actividades avaliables (proba mixta, probas obxectivas, solución de problemas e obradoiros), así como obter unha cualificación mínima de 30 puntos (sobre 60) na proba mixta na 1ª e 2ª ortunidade. De non alcanzarse dita puntuación mínima na proba mixta, no caso de que a media sexa superior ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará como suspensa (4.5).

Dado que a cualificación baséase no modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumno ao longo de todo o cuadrimestre cun máximo de 1 punto que poderá sumarse á cualificación final.

Os alumnos que non participen nas clases de solución de problemas e nos obradoiros obterán unha cualificación de cero puntos neste apartado (ate 15 puntos da nota global) nas dúas oportunidades.

O alumno terá unha cualificación de non presentado ao ter participado en actividades que sumen menos dun 25% das actividades académicas programadas e non se presente a proba mixta.

O alumnado que sexa avaliado na chamada “segunda oportunidade” conservará a nota correspondente aos apartados de solución de problemas e proba obxectiva, sustituíndose a nota da proba mixta da primeira oportunidade pola obtida nesta segunda. Do mesmo xeito, só poderá optar á matrícula de honra se o número máximo déstas para o correspondente curso non fora cuberto na súa totalidade na “primeira oportunidade”.

No caso de circunstancias excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a calificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa evaluación da metodoloxía de probas obxectivas, é dicir co 25% da calificación final. O 75% restante de dita calificación final será determinada a través dos resultados obtidos polo alumno na proba mixta.

Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de enseñanza-aprendizaxe, incluída a evaluación, refírese a un curso académico, e polo tanto volvería a comenzar con un novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de evaluación que fosen programados para dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes